Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, de Ilan Pappé, xa dispoñible en Galaxia.
O historiador Ilan Pappé ofrece na Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, traducida por Carlos Aymerich, unha análise clara e rigorosa das raíces coloniais dun dos conflitos máis longos e dolorosos do noso tempo. O autor desmonta os mitos que rodean a súa suposta complexidade e revela como o sionismo, co apoio de potencias occidentais, desprazou e oprimiu o pobo palestino, convertendo o enfrontamento nunha loita desigual.
Pappé sinala fitos clave, como a Nakba de 1948, a ocupación de 1967 e a situación actual en Gaza e Cisxordania, que entende como parte dun proceso continuo de limpeza étnica.
Un libro imprescindible para quen queira comprender en profundidade as causas e as consecuencias do conflito israelo-palestino. Xa nas librarías.
Ilán Pappé (Haifa, 1954) é profesor de Historia na Universidade de Exeter (Reino Unido) e codirector do Centro Exeter de Estudos Etno-Políticos. Foi profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Haifa e dirixiu o Instituto Emile Touma de Estudos Palestinos.
© Ilan Pappe 2024
Esta tradución de A Very Short History of the Israel–Palestine Conflict está publicada por Editorial Galaxia, S. A. en acordo con Oneworld Publications Limited a través de ACER Agencia Literaria.