Editorial Galaxia participa na Feira do Libro de Rianxo con presentacións e sinaturas

Categoría: Nova

Editorial Galaxia estará presente na Feira do Libro de Rianxo cunha programación que reunirá a Antón Riveiro Coello, Alba Tomé, Silvia Fernández Recouso e Juan Galán.

A feira celebrarase do 23 ao 26 de xullo na praza de Castelao, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 22:00 horas.

A participación de Galaxia comezará o xoves 23 de xullo, cunha tarde de sinaturas nas casetas das librarías participantes.

Ás 18:30 horas, Juan Galán asinará exemplares de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés. 1939 – 1946 na caseta da Libraría Cándido.

Ás 19:00 horas, Alba Tomé Sueiro asinará As humidades, obra finalista do Premio Illa Nova de Narrativa, na caseta de Planeta Mozo.

A continuación, ás 19:30 horas, Silvia Fernández Recouso asinará exemplares de O mar que me levou na caseta de ULA Libraría Social.

A programación de Galaxia pecharase o sábado 25 de xullo, ás 20:30 horas, coa presentación de Os abandonos, de Antón Riveiro Coello, na carpa de actividades da feira. O autor estará acompañado polo tamén escritor Óscar Reboiras.

Unha nova oportunidade para achegarse ás últimas propostas do catálogo de Editorial Galaxia e compartir conversa cos artífices na Feira do Libro de Rianxo.

Programación de Editorial Galaxia

Xoves 23 de xullo

18:30 h

Juan Galán asina Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés.

Caseta da Libraría Cándido.

19:00 h

Alba Tomé asina As humidades.

Caseta de Planeta Mozo.

19:30 h

Silvia Fernández Recouso asina O mar que me levou.

Caseta de ULA Libraría Social.

Sábado 25 de xullo

20:30 h

Presentación de Os abandonos, de Antón Riveiro Coello.

Acompañado polo escritor Óscar Reboiras.

Carpa de actividades.

Comparte nas túas redes sociais ou por email