Presentación de “Hotel Carioca”, no Carballiño

O venres 22 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, en OZOCOgz, no Carballiño, a presentación de Hotel Carioca, I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, de Antón Riveiro Coello. Acompañando o autor, estarán Manuel Vázquez Villanueva, profesor; e Paulino Peña Álvarez, mestre e escritor. Xa se pode ler o primeiro capítulo do libro premendo aquí. Hotel Carioca é […]

Celebramos o Día Internacional da Solidariedade

Hoxe poñemos o foco na solidariedade, na necesidade de cooperar e loitar polos dereitos humanos de maneira conxunta. O obxectivo dun día como hoxe é o de celebrar a nosa unidade na diversidade, para fomentar o debate sobre as diferentes maneiras de promover a solidaridade e, sobre todo, para actuar e buscar novas medidas para […]

Presentación de “Cando o avó esqueceu o meu nome”, en Santiago de Compostela

O mércores 20 de decembro, celebrarase, ás 20 h, no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, a presentación de Cando o avó esqueceu o meu nome, Accésit Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022, de Rosalía Morlán. Acompañando a autora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Isabel Gey, Presidenta […]

Lecturas de Nadal

Coa chegada do frío e as celebracións, dende Galaxia recomendamos algunhas das nosas novidades para engadir á lista de desexos deste Nadal: TECENDO REDES, IV Premio de Novela Vilar Ponte 2022, de Irene Rega Jul. Unha novela de intriga, que tamén esculca nas miserias da sociedade e nas vítimas dos abusos de poder, na dor […]

Galaxia publica “Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón”

Publicado na colección Memoria de Editorial Galaxia, Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón, de Antón Seoane, este libro recolle a odisea de cinco irmáns, catro cativos e unha rapaza, nados na mesma cidade do título, entre 1870 e 1878. Unha aventura que recolle a evolución dunha saga, dende os tempos da gran […]

Galaxia publica “Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña”

A colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia suma un novo título coa investigación de Lupe Martínez, Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña, con limiar de Antón Mascato. Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña, como afirma o autor do limiar, “é unha parte da historia dos homes e mulleres que fixeron que aquela idea de que en […]