Galaxia afonda, a través da música, na biografía da familia Valladares

A finais de xaneiro chegará A música dos Valladares. Retratos de familia, de Pablo Bernárdez e ilustracións de Hortensia Fernández. Esta obra pretende ser un repaso da vida e a obra de Marcial Valladares a través da súa música, quen recompilou melodías e coplas tradicionais que compartiu cos seus coetáneos, ademais dalgunha composición propia. O […]

Lecturas para a cativada

Coa chegada dos Reis, dende Galaxia pensamos nos máis novos da casa, nas súas inquedanzas e nos mundos posibles cos que conectan a través da lectura. Ler é fundamental para formar un pensamento crítico e navegar noutras xeografías e paisaxes posibles. Son moitas e moi variadas as lecturas que publicamos durante cada ano. É unha […]

Aínda non sabedes que lecturas pedirlles aos Reis Magos? 

Aínda non sabedes que lecturas pedirlles na carta deste ano aos Reis Magos?  Dende a Editorial Galaxia compartimos algunhas ideas para axudarvos a procurar a lectura ideal para estas datas. HOTEL CARIOCA, I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, de Antón Riveiro Coello. Unha novela múltiple que, coma unha matrioska, contén outras novelas que van dende […]

Un 2024 ateigado de novidades editoriais

Comezamos este novo ano cargados de ilusión e coa mirada posta no futuro. Un horizonte ateigado de novidades editoriais para todos os públicos e gustos. Entre os moitos títulos que agardamos, imos abrindo boca coas seguintes cinco obras: Contrabiografía, de Xabier López. Unha biografía á contra ou non. Un texto da estirpe dos híbridos, o […]

José Luis Baños de Cos gaña o VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O autor gañou o premio pola obra presentada baixo o título de “Fóra de xogo”. No concello da Pobra do Caramiñal, a 29 de decembro, reunidos os membros do xurado do VI Premio de Literatura infantil Carlos Mosteiro, composto por Mª Xesús Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia, María Canosa, escritora, gañadora da anterior edición, […]

Pakolas presenta o videoclip “Voltar”

Pakolas presenta xunto á Ramona pequena “Voltar”, canción recollida no LibroQr, publicado na colección Sonárbore de Editorial Galaxia, en 2023, A Ramona pequena vai á Lua. A Ramona pequena vai á lúa, de Pakolas, ilustrado por Laura Romero. Viaxa coa Ramona pequena dende os seus pensamentos ata a Lúa, dende as súas inquedanzas ata as súas […]

Presentación de “Os afogados”, na Coruña

O xoves 28 de decembro, celebrarase, ás 19 h, no restaurante de El Corte Inglés, na Coruña, a presentación de Os afogados, Premio Illa Nova de Narrativa 2023, de Pablo J. Rañales. Acompañando o autor, estarán Fuencisla Cid, Directora de Comunicación, Relacións Institucionais, Marketing e Sostenibilidade de El Corte Inglés en Galicia e Asturias; Xosé M. Soutullo, […]

A Editorial Galaxia deséxavos unhas felices festas

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos o mellor para 2024. Esperamos que sexa un ano cheo de saúde e ilusión, abeirado por moitas lecturas. Os mellores desexos para este novo inicio. Felices festas!