Xa está aquí Lobos nas illas, de Marilar Aleixandre.
Despois de gañar o Premio Nacional de Narrativa en 2022 con As malas mulleres, a escritora volve a sorprender cunha lectura que pode lerse como unha novela ou como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe unha constante na obra de Aleixandre…
Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é escribir clásicos, hai neste libro relatos pioneiros, o primeiro en galego sobre a violencia de xénero, “Terror na madrugada”, e sobre os fusilados do 75, “A luz do día escura”, recollido en antoloxías en inglés.
A escrita delicada, a atención á creación de ambientes, o diálogo cos textos literarios, son trazos da voz de Marilar Aleixandre que escolle o relato como no que máis goza escribindo.