As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais, coordinado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo, coa colaboración da Universidade de Vigo, é o novo título que engrosa a colección Feminismos de Editorial Galaxia.
Este libro, achega traballos, ademais das coordinadoras, de Rebeca Jorge Rodríguez, Ártemis López, Carla Míguez Bóveda, Alejandro Raposo González e Estrela Rivas López, onde se amosa a dura realidade que ten que enfrontar o colectivo LGBTI.
Máis de medio século despois das revoltas de Stonewall Inn (Nova York, 1969), os avances en relación á situación das persoas LGBTI son innegables en practicamente todas as sociedades que se consideran a si mesmas desenvolvidas, mais queda aínda moito por conseguir.
Esta publicación amosa a dura realidade quen ten que enfrontar o colectivo: discriminación, violencia, dificultades de integración, etc., á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre de discriminacións e violencia.
O xoves 15 de febreiro, celebrarase, ás 13 h, no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo, unha rolda de prensa de presentación arredor do libro.
No acto participarán, María Victoria Carrera Fernández, coordinadora do volume; Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo; Águeda Gómez Suárez, directora de Igualdade da Uvigo; e Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.