Rolda de prensa de presentación do Premio Illa Nova de Narrativa 2024

Categoría: Nova

O xoves 1 de febreiro, celebrarase, ás 11 h, na librería de El Corte Inglés de Vigo, unha rolda de prensa arredor do Premio Illa Nova de Narrativa 2024.

No acto, participarán Fuencisla Cid, Directora de Comunicación, Relacións Institucionais, Marketing e Sostenibilidade de El Corte Inglés en Galicia e Asturias; Xosé M. Soutullo, Director Xeral de Editorial Galaxia; e Malores Villanueva, editora e coordinadora do Premio Illa Nova.

A Editorial Galaxia coa colaboración do Ámbito Cultural El Corte Inglés convoca a sétima edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2023 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio Illa Nova de Narrativa, que este ano acada a súa oitava edición.

Comparte nas túas redes sociais ou por email