Editorial Galaxia, coa colaboración de Ámbito Cultural El Corte Inglés, convoca a oitava edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2024, para autores e autoras menores de 35 anos.
En 1957 Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao seu proxecto da editorial a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán e Carlos Casares foron algúns de- ses novos valores que publicaron na colección, onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”. Con esta mesma nalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio Illa Nova de Narrativa, que este ano chega á súa oitava edición.
Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES:
1. Poderán optar ao premio as persoas que non superen os 35 anos na data de nali-
zación do prazo de admisión de orixinais.
2. As obras presentadas estarán escritas en lingua galega, conforme á normativa vixente. Serán orixinais, rigorosamente inéditas e que non fosen premiadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade.
3. Poderán concorrer novelas ou conxuntos de relatos cunha extensión mínima de 250.000 caracteres con espazos. Os autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres, con espazos, do seu orixinal. Deberán enviarse seis copias impresas, encadernadas ou cosidas, ao enderezo:
Premio Illa Nova de Narrativa Editorial Galaxia
Travesía de Vigo, 71, soto, 36206 – Vigo
O prazo de admisión de orixinais pecharase o 15 de abril de 2024.
4. Os orixinais irán asinados cun pseudónimo e un lema, que aparecerán tamén no exterior dun sobre, que debe conter no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, fotocopia do DNI e teléfono de contacto.
5. O xurado estará composto por persoas do mundo cultural e literario galego. Sempre que sexa posible, estará formado por cinco membros e un secretario ou secretaria en representación de Editorial Galaxia, con voz, pero sen voto.
6. O premio outorgarase á obra que, por unanimidade ou, no seu defecto, por maioría de votos, sexa considerada merecedora da distinción. O xurado pode declarar o premio deserto.
7. A decisión do xurado será inapelable e farase pública no mes de xullo de 2024.
8. Entregarase un único premio, indivisible, de 3.000 euros (suxeitos ás retencións scais correspondentes). A cantidade recibida computará en concepto de adianto de dereitos de autoría.
9. A obra premiada editarase e comercializarase por Editorial Galaxia. A primeira presentación será nun dos centros comerciais de El Corte Inglés de Galicia.
10. Os orixinais non premiados serán destruídos se, despois de 1 mes da decisión, non son retirados.
11. Editorial Galaxia reserva, durante o prazo de 1 mes a partir do día en que se faga pública a decisión, o dereito de adquisición preferente da edición de calquera obra presentada ao premio, que, sen alcanzar o galardón, sexa considerada de interese, previa subscrición do oportuno acordo entre as partes.
12. A participación no premio implica a plena e total aceptación destas bases.