Editorial Galaxia presenta os seus catálogos do Plan lector para o curso 2026/2027

Editorial Galaxia publica dous novos catálogos con propostas de lectura para o curso 2026/2027: un dirixido a Infantil e Primaria e outro destinado a Secundaria. Os dous catálogos reúnen unha selección de títulos pensada para facilitar o labor do profesorado, das bibliotecas escolares e das persoas responsables dos clubs de lectura á hora de preparar […]
Dúas obras de Editorial Galaxia, finalistas do XXIV Premio Plácido Castro de Tradución

Os castelos de Athlin e Dunbayne, de Ann Radcliffe, traducida por María Fe González Fernández, e Menos que humano, de Osamu Dazai, traducida por Gabriel Álvarez Martínez, forman parte das catro obras finalistas do XXIV Premio Plácido Castro de Tradución. A presenza destes dous títulos entre as obras seleccionadas supón un recoñecemento ao traballo das […]
Editorial Galaxia presenta cinco novos audiolibros para público xuvenil e adulto e dez contos clásicos

O Centro de Recursos Educativos da ONCE de Pontevedra acolle a presentación deste formato que está a experimentar un crecemento moi salientable no sector editorial. Profesionais do mundo da dobraxe como Teresa Santamaría, Julio Lorenzo, Ana Maciñeiras, Beatriz García, Ramón Pouso Dios e Francisco Martínez Barreiro participan nesta iniciativa. O Centro de Recursos Educativos da […]
Rolda de prensa arredor dos Audiolibros de Editorial Galaxia, en Pontevedra

O martes 16 de xuño, celebrarase, ás 11 h, no Centro de Recursos Educativos da ONCE, en Pontevedra, unha rolda de prensa de presentación arredor dos audiolibros de Editorial Galaxia. No acto participarán José Ángel Abraldes Rodeyro, Director Centro de Recursos Educativos da Once; Julio Lorenzo, director de dobraxe, locutor, actor e formador; Cynthia Menéndez, […]
Xornada conmemorativa do V centenario do nacemento de Luís de Camões, en Vigo

O 15 de xuño celebrarase na sede da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, unha xornada conmemorativa do V centenario do nacemento de Luís de Camões. Os actos, que terán lugar en sesións de mañá e tarde, están organizados pola Fundación Penzol, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e […]
Acto de entrega dos XLI Premios Antón Losada Diéguez, en Boborás

O sábado 13 de xuño, celebrarase, a partir das 11 h, en San Mamede de Moldes, o acto de entrega do XLI Premios Antón Losada Diéguez, a Cynthia Méndez, na modalidade de Creación Literaria, pola obra Son coma glaciares os barcos de aceiro; e As tolas que non o eran. Mulleres no Manicomio de Conxo. 1885 – […]
Galaxia na Feira do Libro de Redondela

Do 11 ao 14 de xuño, a Alameda de Redondela acollerá unha nova edición da Feira do Libro, cunha programación que inclúe postos de venda, encontros con autoras e autores, actividades familiares, presentacións, sinaturas de exemplares e teatro. As librarías participantes ofrecerán, ademais, un 10 % de desconto en todos os libros. Editorial Galaxia participará […]
A programación de Galaxia en Cidade de Libro

Do 10 ao 11 de xuño, Editorial Galaxia estará presente en Cidade de Libro, en Vilagarcía de Arousa, cunha programación moi diversa. A programación comezará o martes 10 de xuño, ás 18:00 horas, coa sinatura de exemplares de Odio, de Gabriel Romero de Ávila, obra gañadora do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil. […]