Os primeiros capítulos de Oversize, a primeira novela de Marta Boente, xa están dispoñibles para ler. Unha oportunidade para descubrir unha historia na que a memoria, o azar e as experiencias cotiás se entrelazan.
A protagonista de Oversize é unha dependenta que percorre Madrid camiño dunha formación de traballo. Ao longo desa viaxe, a rutina, os recordos persoais e as traxedias colectivas van construíndo unha historia sobre aquilo que acontece ao noso redor e que, ás veces sen previo aviso, acaba transformando as nosas vidas.
A roupa, o corpo e a memoria atravesan esta primeira novela de Marta Boente, unha auténtica odisea do cotián.
Queres descubrir a historia? Xa podes comezar a ler os primeiros capítulos de Oversize premendo aquí.
Xa dispoñible nas librarías.