
(O Porriño, 1976). Cursou Deseño de Moda en Vigo. Traballou como deseñadora infantil, de axudanta de vestiarios en espectáculos nunha produtora e como dependenta nunha perfumería da súa vila durante varios anos ata volver ao téxtil, como axudanta de vestiarios nunha serie do audiovisual galego, e deseñando e pintando á man dúas coleccións para o grupo Malvela. No sector cosmético é onde consolida a súa vida laboral e, desde o 2006, traballa nunha perfumería en Vigo. É nai de xemelgas, e comezou a escribir en 2022. Esta é a súa primeira novela.