Que che apetece ler esta fin de semana?

Unha historia de amor, unha novela sobre mulleres e vidas que se entrecruzan, teatro para pensar o lugar que habitamos ou un ensaio arredor da lonxevidade galega. Escolle a túa próxima lectura. Se buscas unha historia de amor: Elas dúas Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025 Luís Rei Núñez reconstrúe unha historia de pequenos segredos […]

Presentación “Memorias dunha terra”, en Vigo

O venres 11 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Fundación Penzol – Casa Galega da Cultura, en Vigo, a presentación de Memorias dunha terra, de Xosé María Castroviejo. No acto, participarán María Castroviejo, filla do autor; Patricia Arias Chachero, conselleira de Editorial Galaxia; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia. Publicada […]

Miguel Anxo Fernández: contar historias para tender pontes cos lectores

Con motivo da publicación de Buscando a Dalia, Miguel Anxo Fernández comparte algunhas das claves que están detrás da súa escrita e do regreso de Frank Soutelo, un personaxe que leva anos acompañando tanto ao autor como aos seus lectores. A literatura, o cinema, os relatos escoitados na infancia e a propia observación da realidade […]

“Vida en rede”: máis alá das pantallas

Ana Rodicio Vila asina a súa primeira novela, ilustrada por Alba Chan, unha historia arredor das pantallas, das relacións e das emocións que forman parte da vida cotiá. A Serxio non lle gusta posar para as redes sociais de súa nai nin que seu pai pase as noites xogando co móbil en vez de botar […]

As nosas novidades de setembro

Setembro chega a Editorial Galaxia con seis novas lecturas que nos levan da novela negra á filosofía, da memoria da emigración á historia de Galicia, pasando por propostas de literatura infantil que falan das emocións, da convivencia e da relación coa tecnoloxía. Buscando a Dalia, de Miguel Anxo Fernández Frank Soutelo regresa na súa oitava […]

Cinco historias para ler este verán

O verán é o momento perfecto para descubrir historias novas historias que nos acompañen. Reunimos cinco lecturas que percorren territorios moi diferentes: a identidade, a memoria, o amor, a perda ou o misterio; e que convidan a vivir unha viaxe única desde calquera lugar. Para quen quere cuestionar todo o que cre saber sobre a […]

Cinco lecturas para vivir o verán desde outros lugares

O verán tamén pode ser unha rodaxe chea de imprevistos, unha fuxida necesaria, unha conversa entre dúas mulleres separadas polo mito, unha casa na que cómpre romper o silencio ou unha cidade onde ata a compañía pode converterse nun servizo de pagamento. Desde Galaxia propoñemos cinco lecturas para achegarse a historias moi diferentes: Para amantes […]