MUSICONTOS

No marco das sesións didácticas da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia, realizarase a gravación da música que acompañará á próxima edición de O prodixio dos zapatos de cristal, adaptación en galego do conto da Cinsenta. A orquestra gravará a Abertura e varias pasaxes orquestrais de La Cenerentola, obra composta por Rossini sobre o conto […]

FINOU ANXO REI BALLESTEROS

Dos anxos e dos mortos supuxo, ademais, a primeira novela en galego na era democrática, e a súa forza e modernidade aínda nos sorprende hoxe en día. Así e todo, a obra de Rei Ballesteros vai moito máis aló desta novela senlleira. O seu ámbito de interese foi moi amplo, como testemuñan ensaios como Tempo […]

É TEMPO DE SAMAÍN

A colección "Pimpín por aquí non vin" está formada por uns fermosos libros en formato acordeón, volumes despregables nunha longa saba na que a ilustración, da autoría de Jacobo Fernández, ocupa case que todo o protagonismo. Crianzas e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas que se lles propoñen no propio texto ao […]

"EU TAMÉN SON FONTE" EN RIBEIRA

Despois do seu paso por Moaña, onde estivo aberta durante o mes de Outubro, as ilustracións de Leandro Lamas para o libro de Teresa Moure, Eu tamén son fonte, chegan durante o mes de Novembro ao Auditorio de Ribeira. Trátase dun conxunto de paneis en formato grande onde o espectador pode, ademais de asistir a […]

FLIS-FLI-RIS-FLÁS COMEZA A VIVIR NOS BLOGS

Así, no blog Dálle un coliño, podemos ler: "Fomos ver a representación de Flis Fli Ris Flas, do grupo Matapiollos, que se encadra dentro da campaña de animación lingüística da que xa vos falara. A obra é boísima, recoméndovola sen dubidalo. Os nenos participaron un montón interactuando en todo momento con Martiño (o protagonista) e […]

"Flis-fli-ris-flás" chega á cidade de Pontevedra

No espectáculo os asistentes terán que axudar ao protagonista no seu descenso aos abismos mariños nunha aventura na que a música e os libros están moi presentes. A música, de feito, é un elemento esencial neste espectáculo teatral que xoga coa técnica do teatro negro para conseguir fermosos efectos que sorprenderán aos espectadores. A obra […]

Unha entrevista con Rei Ballesteros

Naquela conversa no número 159 de Grial, Anxo Rei Ballesteros daba mostra de todo o seu talento e de todo o seu enxeño á hora de pasar duns temas a outros con brillantez e naturalidade. Falou da súa obra e dos soños, da evolución da literatura galega e doutros moitos asuntos, sempre desde un pensamento […]

Homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

No acto estiveron presentes os habituais da tertulia e outros, tanto de dentro como de fóra de Vigo, que se sumaron á homenaxe. Numerosas as mensaxes de adhesión, entre eles Xosé Fortes e Xosé Luís Méndez Ferrín, que non puideron estar presentes por presentar un libro e o último número dunha revista, respectivamente. Pepe Cácamo […]