FINOU ANXO REI BALLESTEROS

Categoría: Nova

Dos anxos e dos mortos supuxo, ademais, a primeira novela en galego na era democrática, e a súa forza e modernidade aínda nos sorprende hoxe en día. Así e todo, a obra de Rei Ballesteros vai moito máis aló desta novela senlleira. O seu ámbito de interese foi moi amplo, como testemuñan ensaios como Tempo e vinganza, merecente no ano 2002 do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. Na súa obra literaria destaca a novela Loaira (1992), segundo o crítico Xoán González-Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega". Deixounos tamén importantes textos no campo dramático, coma a obra Xogos de damas (1988)ou os relatos de A sombra dos teus soños (1998). A súa derradeira novela chegounos no ano 2005, cando deu ao prelo Non sei cando nos veremos. A grandeza e amplitude do seu labor completouse ao ano seguinte ao traducir para o galego Molloy, de Samuel Beckett.

Anxo Rei Ballesteros recibira hai dúas semanas unha homenaxe por parte dun grupo de amigos arredor da tertulia viguesa Café Voltaire.

O acto funerario civil terá lugar mañá venres á unha da tarde no cemiterio do Barqueiro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email