É TEMPO DE SAMAÍN

Categoría: Nova

A colección "Pimpín por aquí non vin" está formada por uns fermosos libros en formato acordeón, volumes despregables nunha longa saba na que a ilustración, da autoría de Jacobo Fernández, ocupa case que todo o protagonismo. Crianzas e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas que se lles propoñen no propio texto ao mesmo tempo que aprenden as primeiras palabras. En todos os libros da colección está agachado un pimpín, un fermoso paxaro que xogará a despistar aos máis pequenos da casa que terán que esforzarse para atopalo.

Xunto con O Samaín que celebra a festa das cabazas, dos lucecús, da noite e dos espíritos, chega tamén ás librerías outro libro moi da nosa época: O Magosto. Nas vindeiras semanas serán O Nadal e outras festas tradicionais de nós, as que se verán convertidas en libros fermosos para ler, xogar e interactuar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email