Homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

Categoría: Nova

No acto estiveron presentes os habituais da tertulia e outros, tanto de dentro como de fóra de Vigo, que se sumaron á homenaxe. Numerosas as mensaxes de adhesión, entre eles Xosé Fortes e Xosé Luís Méndez Ferrín, que non puideron estar presentes por presentar un libro e o último número dunha revista, respectivamente. Pepe Cácamo e Carlos Fernández -que leu un texto escrito- lembraron a súa relación con Ballesteros; Damián Villalaín leu un conto de A sombra dos teus soños e Basilio Lourenço falou do Ballesteros ensaísta, con quen Carlos Fernández -que tamén glosou a súa figura como pensador- escribiu conxuntamente. Nesta dimensión da poliédrica persoalidade intelectual de Ballesteros, fíxose unha mención ao seu concepto de "tempo", exposto polo miúdo no seu excelente ensaio Tempo e vinganza. As copas de viño a brindar pola súa pronta recuperación, pecharon o acto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email