Últimos días para "Galicia 25" en Compostela

A exposición "Galicia 25, unha cultura para un novo século" que está aberta no Museo do Pobo Galego desde o pasado 10 de marzo, pechará as súas portas o vindeiro domingo. A mostra está a ter un importante éxito de visitas tanto de grupos escolares como de público en xeral. A exposición, conformada en torno […]

Entrega do Premio San Clemente a Anxos Sumai e Haruki Murakami

O Premio San Clemente está considerado, e con razón, un dos galardóns máis apetecidos por todas as escritoras e escritores, e xa non só galegos, pois estamos a falar dun premio de dimensión internacional. O motivo de que sexa un premio tan gorentoso é que está concedido por rapaces e rapazas de diversos institutos galegos, […]

Os Musicontos chegan a Coruña

Esta nova colección de Editorial Galaxia, Árbore Musicontos, conta coa participación do Consorcio de Santiago. Tres contos clásicos –A Cinsenta, Os tres porquiños e A sereíña– son "reinventados" con textos do escritor Xosé A. Neira Cruz, acompañados pola música da Real Filharmonía de Galicia e as fermosas ilustracións de Rodrigo Chao, Federico Fernández e Enjamio, […]

No pasamento de Avelino Abuín de Tembra

Avelino Abuín de Tembra foi un importante galeguista vencellado desde os tempos máis escuros do franquismo á resistencia cultural a prol do noso país, tanto desde a presidencia nos derradeiros quince anos da Fundación Pedrón de Ouro, como desde o seu traballo na Fundación Castelao ou Rosalía de Castro. Galicia foi o centro das súas […]

Centenario de Xosé María Castroviejo

Xosé María Castroviejo publicou na Editorial Galaxia Memorias dunha terra na que desde unha prosa acougada reflexionaba sobre a vida vivida con intensidade. Na cidade de Vigo desenvolveu profesionalmente boa parte da súa vida, desde a dirección de El Pueblo Gallego, do que conseguiu que chegase a ser o xornal máis lido do país e […]

Muller traballadora. Muller escritora

Un dos grandes e máis celebrados acontecementos da nosa literatura é a forza literaria das mulleres de nós. A pesar de que a muller segue a atopar tremendos atrancos nunha cultura aínda abondo patriarcal, a súa voz na literatura e nas artes en xeral brilla coma un facho de esperanza para todos. Non nos estraña. […]

Presentación do libro "As mulleres da conserva"

O acto, no que participaron membros da Cepa (Fernando Cuñarro, Pilar Ferrari, María Xesús Fandiño, Antonio Monterrey e María Villar, entre outros) xunto con Nuria Guardiola, que colaborou no libro achegando testemuños a algúns dos seus cadros, celebrouse no Café Salasón, lugar inmellorable para o evento por ser no pasado un antigo salgadoiro. Nesta obra, […]

Inauguración da exposición "Galicia 25. Unha cultura para o novo século" en Santiago

No acto de inauguración participarán Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, Isaac Díaz Pardo, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Manuel García Miñaca, director territorial de Caixanova para Galicia Norte e os comisarios da exposición Henrique Monteagudo, Víctor F. Freixanes e Iago Seara. A […]