A exposición "Galicia 25, unha cultura para un novo século" que está aberta no Museo do Pobo Galego desde o pasado 10 de marzo, pechará as súas portas o vindeiro domingo. A mostra está a ter un importante éxito de visitas tanto de grupos escolares como de público en xeral.
A exposición, conformada en torno a 25 módulos ou unidades temáticas que repasan o acontecer da cultura galega no derradeiro cuarto de século, forma parte do programa de actos organizados polo Consello da Cultura Galega para conmemorar os seus primeiros 25 anos de existencia.
Esta exposición interactiva, realizada en colaboración con Caixanova, puido verse con anterioridade nas cidades de Vigo, onde se inaugurou, en Pontevedra e Ferrol.