Últimos días para "Galicia 25" en Compostela

A exposición "Galicia 25, unha cultura para un novo século" que está aberta no Museo do Pobo Galego desde o pasado 10 de marzo, pechará as súas portas o vindeiro domingo. A mostra está a ter un importante éxito de visitas tanto de grupos escolares como de público en xeral. A exposición, conformada en torno […]

A cultura galega brilla en Bos Aires

A profesora, colaboradora de Grial e da Radio Galega, e sobre todo, activista cultural a prol da cultura galega, envíanos tres fotos relacionadas coas actividades galegas que se desenvolven na cidade de Bos Aires e aproveita para explicárnolas coa paixón que lle pon a todo o que fai. Unha manchea de tertulias, cursos, obradoiros, conferencias […]

Entrega do Premio San Clemente a Anxos Sumai e Haruki Murakami

O Premio San Clemente está considerado, e con razón, un dos galardóns máis apetecidos por todas as escritoras e escritores, e xa non só galegos, pois estamos a falar dun premio de dimensión internacional. O motivo de que sexa un premio tan gorentoso é que está concedido por rapaces e rapazas de diversos institutos galegos, […]

'Eu tamén son fonte' chega a Vilaboa

Hoxe, a exposición organizada por FEDEGALMA, a Consellería de Sanidade e a Editorial Galaxia, a prol da lactación materna, e que toma como base o relato de Teresa Moure 'Eu tamén son fonte', abre en Vilaboa, concretamente na Casa de Cultura de Riomaior, en Santa Cristina de Cobres. Á beira da ría calma de Vigo, […]

Inauguración da exposición "Galicia 25. Unha cultura para o novo século" en Santiago

No acto de inauguración participarán Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, Isaac Díaz Pardo, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Manuel García Miñaca, director territorial de Caixanova para Galicia Norte e os comisarios da exposición Henrique Monteagudo, Víctor F. Freixanes e Iago Seara. A […]

Presentación do libro "As mulleres da conserva"

O acto, no que participaron membros da Cepa (Fernando Cuñarro, Pilar Ferrari, María Xesús Fandiño, Antonio Monterrey e María Villar, entre outros) xunto con Nuria Guardiola, que colaborou no libro achegando testemuños a algúns dos seus cadros, celebrouse no Café Salasón, lugar inmellorable para o evento por ser no pasado un antigo salgadoiro. Nesta obra, […]

Muller traballadora. Muller escritora

Un dos grandes e máis celebrados acontecementos da nosa literatura é a forza literaria das mulleres de nós. A pesar de que a muller segue a atopar tremendos atrancos nunha cultura aínda abondo patriarcal, a súa voz na literatura e nas artes en xeral brilla coma un facho de esperanza para todos. Non nos estraña. […]