Muller traballadora. Muller escritora

Categoría: Nova

Un dos grandes e máis celebrados acontecementos da nosa literatura é a forza literaria das mulleres de nós.
A pesar de que a muller segue a atopar tremendos atrancos nunha cultura aínda abondo patriarcal, a súa voz na literatura e nas artes en xeral brilla coma un facho de esperanza para todos.
Non nos estraña.
Todo comezou con Rosalía de Castro.
Así que hoxe xa non sorprende ver como as nosas escritoras gañan os premios máis prestixiosos, recitan en todo o mundo, son traducidas e estudadas na universidade. Voces como as de María Xosé Queizán, Margarita Ledo ou Xohana Torres, por só citar algunhas, coinciden construíndo palabras e a identidade colectiva con outras como a de Yolanda Castaño, Inma López Silva ou Rebeca Baceiredo, por só volver citar outras poucas.
No Día Internacional da Muller Traballadora que este ano se celebra co mesmo espírito combativo de sempre, saudámonos, iguais, soñando un mundo igual.

Comparte nas túas redes sociais ou por email