Xosé María Castroviejo publicou na Editorial Galaxia Memorias dunha terra na que desde unha prosa acougada reflexionaba sobre a vida vivida con intensidade.
Na cidade de Vigo desenvolveu profesionalmente boa parte da súa vida, desde a dirección de El Pueblo Gallego, do que conseguiu que chegase a ser o xornal máis lido do país e no que terminaría presentando a dimisión polas presións da censura da época, que el se gababa de ser capaz de evitar. Destacou tamén como naturalista (hai quen mantén que foi o primeiro ecoloxista galego) e gastrónomo.
A pesar do seu vencello co réxime de Franco, politicamente definíase como anarcocarlista.