O acto, no que participaron membros da Cepa (Fernando Cuñarro, Pilar Ferrari, María Xesús Fandiño, Antonio Monterrey e María Villar, entre outros) xunto con Nuria Guardiola, que colaborou no libro achegando testemuños a algúns dos seus cadros, celebrouse no Café Salasón, lugar inmellorable para o evento por ser no pasado un antigo salgadoiro.
Nesta obra, que abre unha colección de monografías, a A. C. A Cepa, tras un laborioso e dedicado traballo de recompilación, pretende lembrar documental e fotograficamente, todo o pasado laboral e social das mulleres que deixaron os seus días "nas conserveiras de Cangas, do Morrazo, de toda Galiza, mulleres da mar tendida, mulleres de mar e mulleres de 'amar'".
Con esta homenaxe búscase "devolverlles algo do moito que levan feito por todos nós" en épocas de traballos e, tamén, de alegrías compartidas, nunha vila, nunha comarca que, se algo tiña naqueles tempos, era "persoas e conserveiras".