Os Musicontos chegan a Coruña

Categoría: Nova

Esta nova colección de Editorial Galaxia, Árbore Musicontos, conta coa participación do Consorcio de Santiago. Tres contos clásicos –A Cinsenta, Os tres porquiños e A sereíña– son "reinventados" con textos do escritor Xosé A. Neira Cruz, acompañados pola música da Real Filharmonía de Galicia e as fermosas ilustracións de Rodrigo Chao, Federico Fernández e Enjamio, respectivamente. A música, tirada de composicións clásicas, refúndese e así adquire unha nova dimensión ao soar asociada a un novo texto.

Esta nova ollada, diferente aos contos de sempre, fai fincapé nos grandes temas infantís pero agora partindo de novas situacións tiradas da cotianidade. O traballo é froito da estreita colaboración entre o escritor Xosé Antón Neira Cruz e o director Maximino Zumalave. Os libros editanse en formato álbum, acompañados dun CD.

Os novos títulos son: O prodixio dos zapatos de cristal (baseado en A Cinsenta), O debut de Martino Porconi (baseando en Os tres porquiños) e Un bico de amor e vida (baseado en A sereíña).

Comparte nas túas redes sociais ou por email