Sube o número de consultas de libros galegos na Rede

O acordo entre Editorial Galaxia e Google Books asinouse no derradeuiro trimestre do ano 2008 e, dende entón, as consultas de libros galegos na Rede non deixaron de subir, cunha pequena baixada no mes de marzo, tal como se indica no gráfico que adxuntamos. No mes de febreiro foron arredor de 60.000 as visitas de […]

A filla do filósofo naceu en Compostela

Onte, dentro dos actos da Feira do Libro de Santiago, presentouse o libro de Elena Poniatowska, "A filla do filósofo", recentemente publicado por Galaxia. No acto, canda a autora, estiveron Víctor F. Freixanes, director xeral da editorial, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e os escritores e tradutores dalgúns dos […]

No pórtico do Día das Letras

Na semana das Letras Galegas, os actos arredor da vida e da obra de Ramón Piñeiro multiplícanse por todo o país. Presentacións de libros, coloquios, mesas redondas, actividades dirixidas a escolares, lectura pública dos seus textos… aparecen como pórtico dunha xornada -a do vindeiro domingo- na que o filósofo de Láncara recibirá a homenaxe de […]

Murado, Navaza e López Silva, os mellores do 2008

O pasado sábado, durante a gala de entrega dos premios ás mellores obras publicadas durante o 2008 organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, tres libros da nosa editorial recibiron premio. Por unha banda, na categoría de Ensaio, o escritor Miguel Anxo Murado sumaba un premio máis para a súa obra "Fin de século […]

Editorial Galaxia celebra o Ano Ramón Piñeiro

Comisariada polos profesores Henrique Monteagudo e Carlos Fernández, a exposición "Ramón Piñeiro (1915-1990). Olladas no futuro" inaugurarase o próximo día 15, venres, na sala Uxío Novoneyra en Lugo, coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e viaxará despois polas cidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, onde cerrará o ano. Dous meses […]

Unha lingua para todos

Hoxe, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, leu o comunicado do Plenario no que reflexiona arredor da lingua de nós. Dende a nosa web e o noso blog pode descargarse en formato PDF este importante comunicado que gravita arredor de cinco puntos esenciais: 1. A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común […]

"Viaxes do corazón" a carón da ría

Con case quince días de retraso, pero rodeado da calor da amizade e coa luz magnífica das Rías Baixas, o escritor leu o pregón das Letras Galegas na illa de Samertolomeu, en terras de Meira, Moaña, territorio literario no que vén desenvolvendo a súa obra: "Extintos básicos" (Xerais, 1998), "Reserva especial" (Galaxia, 2004) e agora […]

Libros para Piñeiro

A Editorial Galaxia presentará hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, tres novas publicacións que nos van permitir coñecer mellor a figura inmensa de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Por unha banda, presentaremos o libro DO SENTIMENTO Á CONCIENCIA DE GALICIA. CORRESPONDENCIA 1961-1884. BASILIO LOSADA e RAMÓN […]