Libros para Piñeiro

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia presentará hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, tres novas publicacións que nos van permitir coñecer mellor a figura inmensa de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Por unha banda, presentaremos o libro DO SENTIMENTO Á CONCIENCIA DE GALICIA. CORRESPONDENCIA 1961-1884. BASILIO LOSADA e RAMÓN PIÑEIRO, en edición de María Xesús Lama e Helena González e que hai unha semana xa foi presentado en Barcelona.
Outro dos libros que hoxe verán a luz pública é RAMÓN PIÑEIRO OU A REINVENCIÓN DA CULTURA GALEGA, do profesor e investigador Xesús Alonso Montero.
Finalmente, o tamén profesor e estudoso Henrique Monteagudo preparou a edición do libro RAMÓN PIÑEIRO. O ESPERTAR DA CONCIENCIA GALEGA. GALEGUISMO, CULTURA E IDENTIDADE. ENSAIOS E ARTIGOS DISPERSOS (1950-1990)
No acto de hoxe participan Helena González, Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo e Víctor F. Freixanes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email