Murado, Navaza e López Silva, os mellores do 2008

O pasado sábado, durante a gala de entrega dos premios ás mellores obras publicadas durante o 2008 organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, tres libros da nosa editorial recibiron premio. Por unha banda, na categoría de Ensaio, o escritor Miguel Anxo Murado sumaba un premio máis para a súa obra "Fin de século […]

Editorial Galaxia celebra o Ano Ramón Piñeiro

Comisariada polos profesores Henrique Monteagudo e Carlos Fernández, a exposición "Ramón Piñeiro (1915-1990). Olladas no futuro" inaugurarase o próximo día 15, venres, na sala Uxío Novoneyra en Lugo, coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e viaxará despois polas cidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, onde cerrará o ano. Dous meses […]

Unha lingua para todos

Hoxe, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, leu o comunicado do Plenario no que reflexiona arredor da lingua de nós. Dende a nosa web e o noso blog pode descargarse en formato PDF este importante comunicado que gravita arredor de cinco puntos esenciais: 1. A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común […]

Libros para Piñeiro

A Editorial Galaxia presentará hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, tres novas publicacións que nos van permitir coñecer mellor a figura inmensa de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Por unha banda, presentaremos o libro DO SENTIMENTO Á CONCIENCIA DE GALICIA. CORRESPONDENCIA 1961-1884. BASILIO LOSADA e RAMÓN […]

Volve Leo Caldas

Despois do éxito de OLLOS DE AUGA, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A PRAIA DOS AFOGADOS, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Domingo Villar volve introducir o […]

Camilo Nogueira, premio Antón Losada Diéguez

O escritor e político Camilo Nogueira recibiu esta fin de semana o galardón Antón Losada Diéguez pola súa obra "Europa, o continente pensado" no apartado de Ensaio e Investigación. No apartado de Creación Literaria, a merecedora do premio foi Chus Pato, co seu libro "Hordas de escritura". O xurado estivo integrado por representantes da Real […]

"A noite dos animais" que viaxan fóra

"A noite dos animais" de Agustín Fernández Paz, editada na colección Árbore 8 anos, coñece estes días unha edición en castelán. Despois do éxito acadado entre os pequechos e pequechas de Galicia, os lectores en lingua castelá poderán tamén gozar da historia dunha nena moi particular á que lle acontecen cousas non menos particulares. O […]

Premios para Tosar, Nogueira e Castro

Esta longa fin de semana foi fecunda no que a premios literarios se refire. Por unha banda, o venres, o coordinador de novos proxectos de Galaxia, Francisco Castro, recibía, por segunda vez (o anterior fora no 2006 por "Un bosque cheo de faias"), o premio literario Frei Martín Sarmiento, que conceden escolares de toda Galicia […]