"A noite dos animais" que viaxan fóra

Categoría: Nova

"A noite dos animais" de Agustín Fernández Paz, editada na colección Árbore 8 anos, coñece estes días unha edición en castelán. Despois do éxito acadado entre os pequechos e pequechas de Galicia, os lectores en lingua castelá poderán tamén gozar da historia dunha nena moi particular á que lle acontecen cousas non menos particulares.

O autor de Vilalba, todo un referente na LIX galega e internacional, cóntanos neste libro a misteriosa historia de Raquel e o caderno chinés. Unha noite na que queda soa na casa, Raquel decide estrear o caderno chinés que lle regalou a súa tía Sara. Mais ela non sabe que ese caderno tan especial ten propiedades máxicas e que, grazas a el, vai vivir moitas e inesperadas sorpresas. Porque cando debuxa animais sobre el, estes, cobran vida.

A edición en castelán sae da man de Algar Editorial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email