Camilo Nogueira, premio Antón Losada Diéguez

Categoría: Nova

O escritor e político Camilo Nogueira recibiu esta fin de semana o galardón Antón Losada Diéguez pola súa obra "Europa, o continente pensado" no apartado de Ensaio e Investigación. No apartado de Creación Literaria, a merecedora do premio foi Chus Pato, co seu libro "Hordas de escritura".

O xurado estivo integrado por representantes da Real Academia Galega, do Museo do Pobo Galego, da Deputación de Ourense, universidades de Santiago, A Coruña e Vigo e os concellos de O Carballiño e Boborás, coorganizadores deste premio desde hace 24 años.

No seu libro, Camilo Nogueira ocúpase da construción da UE como unha institución orixinal que revoluciona o carácter dos Estados que integra. Outro dos temas de interese do libro é o reto ao que se enfronta agora a UE: os desafíos do pleno recoñecemento da diversidade nacional e da presenza no mundo como potencia civil pola paz, a xustiza e os dereitos humanos. O autor mantén que a súa acción pode constituír un soporte político obxectivo para os movementos altermundialistas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email