Hoxe, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, leu o comunicado do Plenario no que reflexiona arredor da lingua de nós.
Dende a nosa web e o noso blog pode descargarse en formato PDF este importante comunicado que gravita arredor de cinco puntos esenciais:
1. A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común de todos os galegos.
2. Como lingua propia de Galicia, o galego dános identidade no mundo, pero tamén nos relaciona con outros espazos.
3. Ninguén é propietario da lingua.
4. A convivencia, o respecto e a harmonía deben presidir en todo momento as actuacións que arredor da lingua se desenvolvan.
5. A situación lingüística da Galicia de hoxe xa non é unha situación diglósica típica.
6. Para superar esta situación cómpre, entre outras medidas, reforzar a presenza da lingua galega no ámbito escolar.
7. Mais a política lingüística non pode ficar reducida ás aulas.
O comunicado remata apelando a "un acordo social integrador, a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma" e lembrando que "a lingua galega non é un problema, senón unha oportunidade".