A COCIÑA DE LARPEIROS en Ourense

Hoxe xoves, ás 20 horas e no marco da Feira do Libro de Ourense, literatura e cociña daranse a man no acto de presentación de 'A cociña de Larpeiros' de Benigno Campos a cargo do escritor verinense Xosé Carlos Caneiro. O libro do cociñeiro galego está a ser un dos máis vendidos da Feira. Así […]
Presentación de UN HOME IMPUNTUAL, de Pepe Cáccamo e Manuel Pizcueta

Este xoves, e dentro do marco das actividades paralelas da Feira do Libro de Cangas, Pepe Cáccamo presentará o seu novo libro, 'Un home impuntual' na compaña de Manuel Pizcueta, ilustrador da obra, e Francisco Castro, editor do libro. O volume, ilustrado por Manuel Pizcueta, é unha reflexión arredor do tempo, dende o humor e […]
Fin de semana de presentacións

Este venres a nosa editorial presentará dous dos seus libros máis recentes. Por unha banda, presentaremos O FRADE DAS DÚAS ALMAS de Xosé Tobío Mayo ás 20 horas no Centro Sociocultural- Casa da Sociedade, en Esteiro (Muros). Neset acto participarán o alcalde de Muros Domingos Dosil Cubelo, Víctor Campio Pereiro, que recuperou o texto e […]
Castelao, 60 anos despois

Hoxe cúmprense sesenta anos do pasamento, no exilio americano, de Castelao. Seis décadas despois, a súa obra e o seu pensamento segue a ser guieiro indiscutible dunha Galicia que continúa na procura de si mesma. Nun intre no que encetamos a segunda década do século XXI mergullados nun intenso debate arredor da lingua, quizais sexa […]
97 anos cheos de luz para don Paco

Tal día coma onte nacía en Vilanova de Lourenzá (Lugo), Francisco Fernández del Riego, sen lugar a dúbidas unha das persoas sen as que Galicia non se podería entender tal e como hoxe a concebimos. Seguindo a estela de Castelao, don Paco pertence á estirpe de homes e mulleres que, fronte de toda adversidade, e […]
Adeus a un pioneiro e mestre da tradución

Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931) ven de falecer en Inglaterra, onde residía desde 1963. Viviu a maior parte da súa vida en Londres, aínda que mantendo sempre un estreito contacto con Galicia, onde regresou periodicamente en especial durante os últimos anos. Na capital británica traballou nos Servizos Exteriores da BBC para España, emisora que naquela […]
'Secesión', mellor libro do ano para a Revista das Letras

O libro 'Secesión' de Chus Pato, que recentemente saíu do prelo na nosa editorial, é o merecente, a xuízo dos coordinadores e colaboradores habituais da Revista das Letras do xornal 'Galicia Hoxe' como o mellor libro do ano. Segundo informa o xornal compostelano, a decisión foi practicamente unánime para este libro da nosa poeta que […]
BO NADAL

Todos os que formamos parte da familia da Editorial Galaxia queremos desexarvos un Bo Nadal. Para facelo, escollemos a tres autores certamente simbólicos para confeccionar o noso cartón de Nadal. Paco Martín, que leva agasallándonos anos de fantasía xenerosa. Xan Balboa, ilustrador marabilloso que nos deixou recentemente e que nos regalou cores feitas festa. E […]