Lois Pereiro será homenaxeado no Día das Letras Galegas

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 26 de xuño de 2010 acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2011 a LOIS PEREIRO (Monforte de Lemos, 1958 – A Coruña, 1996). Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou […]

César Antonio Molina recibiu a Medalla Castelao

Onte, no 26 aniversario da chegada dos restos de Castelao ao Panteón dos Galegos Ilustres, o escritor César Antonio Molina recibía, de man do presidente da Xunta, a Medalla Castelao, un dos recoñecementos institucionais máis grandes dos que existen no noso país. Entre outras cousas, o autor de 'Eume' (na foto co rsto dos galardoados) […]

Jazz e novela policial

Mañá mércores, no salón de actos do MARCO de Vigo o escritor Domingo Villar, e dentro das actividades da 6ª edición do Festival de Jazz de Vigo, terá lugar a mesa redonda titulada "The Jazz I Love (O jazz que amo). Os escritores tamén improvisan", na que o creador de Leo Caldas falará da relación […]

O catálogo de Galaxia en Google

Dende que Editorial Galaxia asinou co buscador de Google Books un acordo para presentar o libro galego nos escaparates da rede, o interese polas publicacións na nosa lingua en todas partes do mundo non deixou de crecer. Trátase de acceder aos autores e autoras de Galaxia, e mais ao seu fondo histórico, do mesmo xeito […]

Inauguración da exposición A DIMENSIÓN EUROPEA DA GALICIA ESPIRITUAL

Hoxe abrirá en Vigo, na sede da Fundación Penzol, a exposición 'A dimensión europea da Galicia espiritual', mostra que está chamada a explicarnos polo miúdo como, en parte, o noso país se constrúe dende o camiño de Santiago. A exposición, que ofrece unha escolma dos fondos documentais e bibliográficos da Fundación Penzol relativos ao Camiño […]

Manuel Núñez Singala presenta MENÚ DE ENGANOS

O escritor presentará a súa nova obra na librería Couceiro de Santiago de Compostela, 'Menú de enganos', publicado na nosa colección Costa Oeste. Estará acompañado por Francisco Castro, editor do libro. Se queres ir abrindo boca e saber do gorentoso que pode ser este Menú, velaquí, á dereita destas liñas, deixamos un anticipo coas primeiras […]

Presentación da campaña O FILLO DE TRONO

Con esta campaña preténdese explicar dunha maneira amena que é o Camiño de Santiago, como naceu, que é o que leva a tantas persoas a camiñar quilómetros e quilómetros ata chegar a Compostela, por que hai peregrinos que se achegan a pé, en coche, en bicicleta, dacabalo, en globlo…, de calquera xeito e maneira. E […]

A COCIÑA DE LARPEIROS en Ourense

Hoxe xoves, ás 20 horas e no marco da Feira do Libro de Ourense, literatura e cociña daranse a man no acto de presentación de 'A cociña de Larpeiros' de Benigno Campos a cargo do escritor verinense Xosé Carlos Caneiro. O libro do cociñeiro galego está a ser un dos máis vendidos da Feira. Así […]