O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 26 de xuño de 2010 acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2011 a LOIS PEREIRO (Monforte de Lemos, 1958 – A Coruña, 1996).
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Políticas, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Na cidade madrileña fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista 'Loia'. Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en 'Poemas para unha loia' (1996), libro no que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista 'Luzes de Galiza'.
De regreso ao país, onde compaxinou profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético, figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos 'De amor e desamor' (1984) e 'De amor e desamor II' (1985). Foi colaborador de non poucas empresas de fasquía renovadora, de aí a participación en consellos de redacción e mailos artigos, poemas e relatos espallados por La Naval, Trilateral, Das Capital ou Luzes de Galiza, onde viron a luz -amais do ensaio xa citado- os oitos primeiros capítulos da súa novela inconclusa 'Naúfragos do paradiso'. Nesta mesma liña actuou como letrista con 'Radio Océano' e redactou guión televisivos.
En vida, Pereiro só publicou dúas obras, 'Poemas 1981/1991')" e 'Poesía última de amor e enfermidade', duros e espidos poemarios nos que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.
Segundo a nota emitida pola Lois Pereiro demorado e morno na publicación dos seus artigos cultivou desde os inicios unha imaxe e unha estética que logo fixeron del un autor de culto. Cartografou coma mingúen o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario.
A morte sobreviríalle na cidade da Coruña no ano 1996.