César Antonio Molina recibiu a Medalla Castelao

Categoría: Nova

Onte, no 26 aniversario da chegada dos restos de Castelao ao Panteón dos Galegos Ilustres, o escritor César Antonio Molina recibía, de man do presidente da Xunta, a Medalla Castelao, un dos recoñecementos institucionais máis grandes dos que existen no noso país.
Entre outras cousas, o autor de 'Eume' (na foto co rsto dos galardoados) destacou que do que se sente máis orgulloso é do feito de contribuir a difundir polo mundo a cultura e a lingua galega.
Xa que logo, compartimos ese orgullo con el ao tempo que manifestamos o noso propio por contar co seu dicir poético entre as follas do noso catálogo.
Un recoñecemento grande que vén sumarse a outros moitos galardóns que nos últimos tempos se lle están a dar ao escritor coruñés.

Comparte nas túas redes sociais ou por email