Jazz e novela policial

Categoría: Nova

Mañá mércores, no salón de actos do MARCO de Vigo o escritor Domingo Villar, e dentro das actividades da 6ª edición do Festival de Jazz de Vigo, terá lugar a mesa redonda titulada "The Jazz I Love (O jazz que amo). Os escritores tamén improvisan", na que o creador de Leo Caldas falará da relación da súa literatura co jazz.
O 'Imaxina Sons' é xa un dos festivais de jazz máis importantes do estado, e conta cun programa paralelo de mesas redondas e actuacións na rúa que singulariza a súa proposta como unha das máis orixinais dentro deste tipo de eventos culturais.

Comparte nas túas redes sociais ou por email