Presentación da campaña O FILLO DE TRONO

Categoría: Nova

Con esta campaña preténdese explicar dunha maneira amena que é o Camiño de Santiago, como naceu, que é o que leva a tantas persoas a camiñar quilómetros e quilómetros ata chegar a Compostela, por que hai peregrinos que se achegan a pé, en coche, en bicicleta, dacabalo, en globlo…, de calquera xeito e maneira. E que poidamos entender tamén que dicir Camiño de Santiago é como dicir Galicia.

Iso si: contarémolo dende a literatura, dende unhas ilustracións ben bonitas, dende unha curtametraxe suxestiva e dende unha obra de teatro divertida, algo disparatada e moi, moi, moi interesante!

Comparte nas túas redes sociais ou por email