Inauguración da exposición A DIMENSIÓN EUROPEA DA GALICIA ESPIRITUAL

Categoría: Nova

Hoxe abrirá en Vigo, na sede da Fundación Penzol, a exposición 'A dimensión europea da Galicia espiritual', mostra que está chamada a explicarnos polo miúdo como, en parte, o noso país se constrúe dende o camiño de Santiago.

A exposición, que ofrece unha escolma dos fondos documentais e bibliográficos da Fundación Penzol relativos ao Camiño de Santiago e á peregrinación á tumba do Apóstolo, permanecerá aberta do 8 de setembro ao 13 de outubro.

No acto de inauguración participarán:
– D. Alfonso Zulueta de Haz, Vicepresidente primeiro da Fundación Penzol
– D. Santiago López Martínez-Morás, comisario da exposición
– Dna. María Pereira, Directora de Programación da Obra Social Caixanova, entidade patrocinadora da exposición
– D. Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura e Animación
Sociocultural do Concello de Vigo, entidade membro do Patronato da Fundación Penzol e colaborador nesta exposición.
– D. Francisco López Rodríguez, Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Xunta de Galicia, entidade patrocinadora da exposición.

Comparte nas túas redes sociais ou por email