Hoxe cúmprense sesenta anos do pasamento, no exilio americano, de Castelao. Seis décadas despois, a súa obra e o seu pensamento segue a ser guieiro indiscutible dunha Galicia que continúa na procura de si mesma.
Nun intre no que encetamos a segunda década do século XXI mergullados nun intenso debate arredor da lingua, quizais sexa útil e importante lembrar unha das súas frases máis citadas e repetidas: "Se aínda somos galegos, é por graza do noso idioma".
Castelao, sempre en Galiza.