Lembrando a Blanco Amor
A esmorga (1959) é un dos grandes fitos da narrativa galega contemporánea. A revista GRIAL dedica a esta obra boa parte do seu número de outubro, novembro e decembro de 2009, que vén de aparecer. Un conxunto de ensaios, coordenados pola profesora Dolores Vilavedra, abordan distintos aspectos da novela de Eduardo Blanco Amor. María López […]
Un día coma hoxe de 1930
Tal día coma hoxe, do ano 1930 nacía o poeta do Courel, Uxío Novoneyra, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Neste instante no que o debate sobre a lingua e o seu futuro semella estar no centro máis absoluto do debate cidadá, reivindicar a súa obra, poética e política, […]
Sherlock Holmes volve ao cine
Hoxe venres chega ás pantallas de todo o Estado a película 'Sherlock Holmes', unha nova visita dende Hollywood, moito máis moderna que a infinidade de fitas anteriores, ao inmorrente personaxe creado por Arthur Conan Doyle. Nesta nova versión, recae sobre Robert Downey Jr. a responsabilidade de encarnar ao detective por excelencia. Porque Sherlock Holmes é, […]
'Abordo esta nova etapa con moitísima ilusión'
Dende o 1 de xaneiro, Francisco Domínguez Martínez é o novo director da Fundación Penzol de Vigo. Un posto dunha enorme responsabilidade, xa non só pola xestión do fondo documental presente na Fundación da Casa Galega da Cultura de Vigo, senón, tamén, porque durante décadas a Fundación estivo dirixida por Francisco Fernández del Riego, alma […]
BO NADAL
Todos os que formamos parte da familia da Editorial Galaxia queremos desexarvos un Bo Nadal. Para facelo, escollemos a tres autores certamente simbólicos para confeccionar o noso cartón de Nadal. Paco Martín, que leva agasallándonos anos de fantasía xenerosa. Xan Balboa, ilustrador marabilloso que nos deixou recentemente e que nos regalou cores feitas festa. E […]
'Secesión', mellor libro do ano para a Revista das Letras
O libro 'Secesión' de Chus Pato, que recentemente saíu do prelo na nosa editorial, é o merecente, a xuízo dos coordinadores e colaboradores habituais da Revista das Letras do xornal 'Galicia Hoxe' como o mellor libro do ano. Segundo informa o xornal compostelano, a decisión foi practicamente unánime para este libro da nosa poeta que […]
Adeus a un pioneiro e mestre da tradución
Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931) ven de falecer en Inglaterra, onde residía desde 1963. Viviu a maior parte da súa vida en Londres, aínda que mantendo sempre un estreito contacto con Galicia, onde regresou periodicamente en especial durante os últimos anos. Na capital británica traballou nos Servizos Exteriores da BBC para España, emisora que naquela […]
97 anos cheos de luz para don Paco
Tal día coma onte nacía en Vilanova de Lourenzá (Lugo), Francisco Fernández del Riego, sen lugar a dúbidas unha das persoas sen as que Galicia non se podería entender tal e como hoxe a concebimos. Seguindo a estela de Castelao, don Paco pertence á estirpe de homes e mulleres que, fronte de toda adversidade, e […]