Tal día coma hoxe, do ano 1930 nacía o poeta do Courel, Uxío Novoneyra, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Neste instante no que o debate sobre a lingua e o seu futuro semella estar no centro máis absoluto do debate cidadá, reivindicar a súa obra, poética e política, semella unha máis que boa maneira de nos achegar a unha perspectiva que se aparece como absolutamente irrenunciable: para sobrevivir, precisamos ser o idioma.
A nosa editorial, dende as súas distintas coleccións, convertirá a obra de Uxío Novoneyra, neste 2010, nun dos grandes protagonistas do ano.