'Abordo esta nova etapa con moitísima ilusión'

Dende o 1 de xaneiro, Francisco Domínguez Martínez é o novo director da Fundación Penzol de Vigo. Un posto dunha enorme responsabilidade, xa non só pola xestión do fondo documental presente na Fundación da Casa Galega da Cultura de Vigo, senón, tamén, porque durante décadas a Fundación estivo dirixida por Francisco Fernández del Riego, alma […]
Sherlock Holmes volve ao cine

Hoxe venres chega ás pantallas de todo o Estado a película 'Sherlock Holmes', unha nova visita dende Hollywood, moito máis moderna que a infinidade de fitas anteriores, ao inmorrente personaxe creado por Arthur Conan Doyle. Nesta nova versión, recae sobre Robert Downey Jr. a responsabilidade de encarnar ao detective por excelencia. Porque Sherlock Holmes é, […]
Un día coma hoxe de 1930

Tal día coma hoxe, do ano 1930 nacía o poeta do Courel, Uxío Novoneyra, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Neste instante no que o debate sobre a lingua e o seu futuro semella estar no centro máis absoluto do debate cidadá, reivindicar a súa obra, poética e política, […]
Lembrando a Blanco Amor

A esmorga (1959) é un dos grandes fitos da narrativa galega contemporánea. A revista GRIAL dedica a esta obra boa parte do seu número de outubro, novembro e decembro de 2009, que vén de aparecer. Un conxunto de ensaios, coordenados pola profesora Dolores Vilavedra, abordan distintos aspectos da novela de Eduardo Blanco Amor. María López […]
Xesús Alonso Montero recibe 'O Facho de Ouro'

A Directiva da Agrupación Cultural "O Facho", da Coruña, acordou outorgar O Facho de Ouro ao "profesor e home de ben", segundo din na acta do galardón, a don Xesús Alonso Montero, como testemuña e recoñecimento á sua longa traxectoria na defensa da dignidade e da cultura do país galego. A entrega do premio terá […]
"A rolda nocturna" de Sarah Waters

Un ano máis o Casino engalanouse para recibir á gañadora deste premio que se consolida definitivamente como porta de entrada da mellor narrativa estranxeira. Editorial Galaxia, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, publicou a novela na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que ten como obxectivo achegar aos lectores e lectoras […]
A RAG crítica o Decreto de Plurilingüismo

Cando dúas persoas que camiñan xuntas se perden de vista, o mellor é volver ao último lugar onde volveron estar xuntas. Ese lugar é, segundo a RAG, o Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia. "Non hai razón para ir máis atrás porque sería renegar daquel día e […]
Editorial Galaxia cumpre 60 anos

Non haberá grandes fastos. Con austeridade, con humildade, sabendo que a historia e a credibilidade gáñanse todos os días dende o traballo e a coherencia das propostas que se fan, Editorial Galaxia afírmase como a editora veterana do sistema editorial e cultural galego. Sesenta anos de traballo, case que 2000 títulos de catálogo histórico, 1000 […]