Cando dúas persoas que camiñan xuntas se perden de vista, o mellor é volver ao último lugar onde volveron estar xuntas. Ese lugar é, segundo a RAG, o Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia. "Non hai razón para ir máis atrás porque sería renegar daquel día e daquel histórico consenso".
A Academia vén de pronunciarse de xeito inequívoco e con abondosa documentación sobre as Bases para o Decreto de Plurilingüismo que a Xunta de Galicia está a someter a consultas entre distintos sectores da vida social, sindical e educativa. Había moito tempo que a sociedade galega non se activaba arredor do idioma coma nos últimos tempos, logo da chegada do PP ao goberno galega e as propostas de mudanzas no modelo educativo do idioma.
A RAG, igual que no seu día o Consello da Cultura Galega (que está a elaborar o seu propio informe sobre as Bases), avogan pola recuperación do consenso arredor dun dos valores fundamentais de calquera sociedade: a súa propia lingua. O lector ou lectora interesados pode acceder dende aquí ao documento da RAG.