Galaxia nos Mestre Mateo

Este domingo, no Auditorio de Ourense, fállanse os Premios Mestre Mateo. A nosa Editorial asistirá chea de ilusión pois é finalista, con dúas obras, na categoría de Mellor Obra Interactiva, concretamente polo Proxecto Contoplanet e pola aplicación para iPad de 'O soldadiño de Chumbo'. Precisamente, o resto dos contos de Contoplanet subíanse estes días á […]

A literatura galega estará en Buenos Aires

A XXXVII edición da Feira do Libro de Buenos Aires, a máis importante de Latinoamérica, conta este ano cunha importante presencia de editoriais galegas que presentan as súas novidades. Ao tempo, haberá unha importante cantidade de actividades pensadas para a promoción das nosas letras na capital arxentina. Sen ir máis lonxe, hoxe presentarase ás 20:30 […]

Presentación na Coruña de VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL

Despois do exitoso acto de presentación da biografía de María do Carme kruckenberg, escrita por Mercedes Queixas Zas, hai unhas semanas en Vigo, este luns presentarémolo na Coruña, na Biblioteca de Estudos Locais da Rúa Durán Loriga. Participarán no acto, ademais da autora e a biografada, o editor e escritor Francisco Castro. E dado que […]

Rómulo Gallegos soñou a revolución en Beluso

Para moitos de nós, o nome de Rómulo Gallegos era só o do autor de 'Dona Bárbara', unha das novelas máis importantes de todos os tempos escritas en lationoamérica. Sen embargo, a vida e a obra de Rómulo Gallegos agochaba moitos segredos importantes que era fundamental coñecer. No último exemplar de GRIAL, Lois Pérez Leira […]

O detective Frank Soutelo volverá en Abril

O detective Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver ou seu primeiro caso en Galicia en 'Lume de cobiza', que chegará ás librarías non próximo mes de abril dá man da Editorial Galaxia na súa colección Literaria, a mesma que acolle as anteriores entregas dá creación de Miguel Anxo Fernández. A trama está ambientada na […]

En defensa da Terra

Camilo Nogueira, un dos nomes clave na evolución do nacionalismo galego, recibirá o Premio Moncho Valcarce á Defensa da Terra, galardón creado pola Irmandade que leva o nome do activista antifranquista, coñecido como O crego das Encrovas. O escritor e político recibirá o seu premio nunha gala organizada pola Irmandade Moncho Valcarce o próximo sábado, […]

Abriu a Biblioteca Neira Vilas en Vigo

Onte inaugurouse en Vigo unha nova Biblioteca Pública. En si mesmo e nos tempos que andamos, isto xa sería unha boa nova para celebrar. Sen embargo, a apertura é tamén un acto de recoñecemento ao traballo e obra literaria de Xosé Neira Vilas, pois é o nome do autor de Gres o escollido para bautizar […]

Haruki Murakami gañador do XXIII Premi Internacional de Catalunya 2011

O premio concédese anualmente a aquelas persoas que contribúen decisivamente co seu traballo creador a desenvolver os valores culturais, científicos ou humanos ao redor do mundo. O presidente da Generalitat será o encargado de entregar o galardón nunha cerimonia que terá lugar no Palau da Generalitat o próximo 9 de xuño. A Editorial Galaxia lanzou […]