O "Libro das Seniguais" na Feira de Buenos Aires

"Primeiro foron os monequiños. Figuras que ía construindo en miniatura e ás que lles ía dando vida a través da fotografía e o deseño. E logo, apareceu a historia das Seniguais". Así explicaba Leonor Beuter a construción do libro que, xunto coa súa nai, a novelista María Rosa Lojo, presentaron oficialmente no salón Alfonsina Storni […]

Lembranza da primeira edición de "Memorias dun neno labrego" en Buenos Aires

"O primeiro lector das Memorias dun neno labrego foi un camareiro do barrio norte de Buenos Aires que se chamaba Evencio. Era galego, e mentres eu escribía os capítulos do libro, sentado nunha mesa do café La Vieja Viena, propiedade doutro galego, el ollaba por enriba do meu ombreiro e preguntaba: e iso que é?". […]

Conmemoración do Día do Libro

Como o 23 de abril coincidiu coa Semana Santa, dalgunha maneira é como se este ano se celebrase o Día do Libro dúas veces. Así, hoxe as librerías do país ofrecen uns descontos importantes para conmemorar esta xornada na que se quere chamar a atención sobre a importancia do libro e da lectura nas nosas […]

Lembranza de Cunqueiro en Buenos Aires

Por primeira vez na Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires, ámbito da tradición republicana, "territorio liberado", en palabras do seu presidente Francisco Lores, falouse oficialmente da vida e obra de Álvaro Cunqueiro. "Ao que seu amigo Luis Seoane, non obstante, publicou e recoñeceu coma un dos nosos grandes escritores contemporáneos", engadiu o presidente da […]

Homenaxe a Neira Vilas

O creador de Balbino sigue sumando homenaxes neste ano no que se cumpre medio século da publicación de 'Memorias dun neno labrego'. Nesta ocasión, a homenaxe corre a cargo da Liga Estudantil Galega de acordo ao seguinte programa: Terza (martes) 12 de abril 9:30-10:00 Presentación da Homenaxe Ernesto González, decano da Facultade de Filoloxía e […]

Entregados os Premios Irmandade do Libro

O pasado sábado, en Narón, celebrouse a Cea de Gala da entrega dos Premios Irmandade do Libro. Na categoría de Autor do Ano, o galardón recaeu en Víctor F. Freixanes pola súa novela 'Cabalo de ouros'. Os libreiros e libreiras de Galicia recoñeceron, ademais da calidade literaria da obra, o conxunto da súa traxectoria literaria, […]

Presentación da biografía de Mª do Carme Kruckenberg

Este martes presentaremos en Vigo, a cidade da poeta María do Carme Kruckenberg, a biografía escrita por Mercedes Queixas Zas, 'Vivir, unha aventura irrepetíbel'. No acto participan Iolanda Veloso, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, o editor e escritor Francisco Castro, a autora, Mercedes Queixas, e Mª do Carme Kruckenberg. O libro, escrito […]

Inauguración da exposición NO NIÑO NOVO DO VENTO

Este venres tivo lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, a inauguración da mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro', produción de Merlín Comunicación, do Grupo Editorial Galaxia e que será dalgunha maneira o pistoletazo de saída para as moitas mostras de homenaxe que durante este 2011 vai recibir o […]