Conmemoración do Día do Libro

Categoría: Nova

Como o 23 de abril coincidiu coa Semana Santa, dalgunha maneira é como se este ano se celebrase o Día do Libro dúas veces. Así, hoxe as librerías do país ofrecen uns descontos importantes para conmemorar esta xornada na que se quere chamar a atención sobre a importancia do libro e da lectura nas nosas vidas.
A celebración coincide coa publicación, onte, do informe 'Hábitos de lectura e compra de libros 2010', que elabora a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) co patrocinio da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura. Nese informe fica claro que Galicia está situada na media do Estado en índices de lectura, arredor do 55 por cento, sendo as mulleres as que máis len fronte dos homes. No que se refire ao ámeto dixital, o informe demostra que o cinco por cento da poboación xa le libros en soporte dixital, aínda que só o un por cento o fai nun e-Reader.
Na nosa man está mellorar estes índices lectores. Podemos comezar aproveitando hoxe para mercar libros neste día de descontos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email