Entregados os Premios Irmandade do Libro

Categoría: Nova

O pasado sábado, en Narón, celebrouse a Cea de Gala da entrega dos Premios Irmandade do Libro. Na categoría de Autor do Ano, o galardón recaeu en Víctor F. Freixanes pola súa novela 'Cabalo de ouros'. Os libreiros e libreiras de Galicia recoñeceron, ademais da calidade literaria da obra, o conxunto da súa traxectoria literaria, non só como escritor, senón tamén como traballador a prol da lingua e da literatura galega.
O escritor pontevedrés amosouse moi agradecido polo galardón nunha noite na que amigos e amigas de todos os ámbitos relacionados co libro galego se deron cita, como cada ano, para seguir facendo vontade de fe na causa común do noso sector editorial e libreiro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email