Onte inaugurouse en Vigo unha nova Biblioteca Pública. En si mesmo e nos tempos que andamos, isto xa sería unha boa nova para celebrar. Sen embargo, a apertura é tamén un acto de recoñecemento ao traballo e obra literaria de Xosé Neira Vilas, pois é o nome do autor de Gres o escollido para bautizar a biblioteca.
Un centro que contará coas últimas tecnoloxías, acceso ás redes sociais e andeis con capacidade para 11.000 exemplares. O autor estivo presente na inauguración e celebrou que a biblioteca sexa un lugar "onde nos so se vai a ler, senon que crea cultura". De feito, conta con seis ordenadores, con conexión a internet. Está situada en Martínez Garrido 21. Neira Vilas declarouse profundamente emocionado no acto de inauguración onde tamén participou o actor Cándido Pazó.