Para moitos de nós, o nome de Rómulo Gallegos era só o do autor de 'Dona Bárbara', unha das novelas máis importantes de todos os tempos escritas en lationoamérica. Sen embargo, a vida e a obra de Rómulo Gallegos agochaba moitos segredos importantes que era fundamental coñecer.
No último exemplar de GRIAL, Lois Pérez Leira asina un interesantísimo traballo (que podes descargar de balde na ligazón á dereita destas liñas) no que profunda no exilio que o escritor venezuelano viviu entre os anos 33 e 35, cando viaxa por distintos lugares do estado español e pasa os veráns, acompañado de simpatizantes e seguidores do seu pensamento, en Bueu. No traballo de Pérez Leira vemos como nos longos paseos pola praia de Beluso e outras paraxes galegas vai irse construíndo e madurando un pensamento sólido que había de provocar, non só nas letras, importantes cambios no xeito de ver o mundo de moitas persoas no futuro.
(A foto que acompaña estas liñas está tomada na praia de Beluso)