Xosé Luis Regueira, novo membro da RAG

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o 25 de marzo de 2011, acordou nomear académico electo a Xosé Luís Regueira Fernández, para ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento da académica numeraria dona Olga Gallego Domínguez, e na mesma sesión produciuse o nomeamento de Débora Campos Vázquez como académica […]
Presentación de DOMINGOS DE CALCETÍNS BRANCOS

Este acto, organizado por Galaxia e a Agrupación Cultural Nós, terá lugar hoxe venres ás 20:00 h no salón de actos da Casa do Concello de Moaña. Manuel Pérez Rúa presenta Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009. Estará acompañado por Xosé Carlos Villaverde […]
Unha fervenza de nominacións

Onte foi un día especialmente feliz no seo de Editorial Galaxia ao se facer público que as nosas aplicacións para iPad e iPhone, Contoplanet, así como a aplicación para iPad de 'O soldadiño de chumbo' viñan de ser recoñecidas como finalistas para os Premios Mestre Mateo, os máis importantes do sector audiovisual en Galicia. Ao […]
Presentación en Allariz de O SEGREDO DE MARCO POLO
Francisco Castro presenta a novela 'O segredo de Marco Polo'. Estará acompañado pola dramaturga, actriz e escritora Nati Borrajo. Unha reportaxe nunha revista de historia serviulle de inspiración ao escritor vigués Francisco Castro para esta novela, dirixida a un público xuvenil e que publicou no verán pasado e que xa vai pola segunda edición. En […]
O SON DAS ONDAS. O VIGO MEDIEVAL E A LÍRICA TROBADORESCA

O pasado de 13 de maio foi presentada aos medios de comunicación a exposición "O son das ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca", que ficou instalada no Museo da Cidade "Quiñones de León", de Vigo, coñecido popularmente como Museo de Castrelos. A exposición, organizada pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, […]
Xa podes ler os primeiros 3 capítulos de 1Q84

O día 1 de febreiro estará en todas as librerías galegas. Para facer máis curta a espera aos seguidores do escritor xaponés Editorial Galaxia ofrece a posibilidade de ler de balde os 3 primeiros capítulos da edición en galego. Só tedes que premer na ligazón que podedes atopar á dereita desta páxina.
Lois Pereiro en Galaxia

As editoriais galegas estamos a preparar todo un mollo de propostas de lectura arredor da figura e da obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. A nosa editorial ten prevista a edición de tres títulos. Por unha banda, e como xa é habitual dende hai moitísimos anos, na colección Letras […]
Domingos de calcetíns brancos

A obra Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, da que é autor o sociólogo Manuel Pérez Rúa, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e […]