Presentación en Allariz de O SEGREDO DE MARCO POLO

Categoría: Nova

Francisco Castro presenta a novela 'O segredo de Marco Polo'. Estará acompañado pola dramaturga, actriz e escritora Nati Borrajo.
Unha reportaxe nunha revista de historia serviulle de inspiración ao escritor vigués Francisco Castro para esta novela, dirixida a un público xuvenil e que publicou no verán pasado e que xa vai pola segunda edición. En 'O segredo de Marco Polo', o famoso explorador veneciano é o protagonista, no regreso á súa cidade natal tralas súas viaxes por Oriente, no século XIII. Castro quixo facerlle xustiza a Marco Polo, ao que trataron de "troleiro e fantasioso", segundo o autor, á volta do seu periplo.
A novela está publicada na Colección Costa Oeste de Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email