Despois do exitoso acto de presentación da biografía de María do Carme kruckenberg, escrita por Mercedes Queixas Zas, hai unhas semanas en Vigo, este luns presentarémolo na Coruña, na Biblioteca de Estudos Locais da Rúa Durán Loriga.
Participarán no acto, ademais da autora e a biografada, o editor e escritor Francisco Castro. E dado que a poeta é tan amante do jazz, está prevista a actuación do grupo Tres Azoteas.
Será, sen dúbida, unha boa ocasión para profundar no coñecemento dunha poeta esencial no noso sistema literario e que, ademais de parolar con Castelao (feito que cambiou por completo a súa vida), tratou e tivo amizade co máis selecto da Xeración do 27 española.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR